O BNG rexeita que Cubela e o PP suba a taxa do lixo de 49€ a 80€ por vivenda

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O BNG votará en contra da desproporcionada suba das taxas municipais no que ten que ver co lixo e o tratamento dos residuos, que o goberno municipal levará ao vindeiro pleno municipal, e que suporá un incremento substancial das taxas que se pagan actualmente, e que xa tiveron un forte incremento no ano pasado, no que taxa de lixo para as vivendas se incrementara un 22%.

Van, pois, dous anos consecutivos de incrementos desmesurados das taxas e impostos que as veciñas e veciños de Cerdedo Cotobade temos que pagar.

“Ao PP, cando está na oposición, éncheselle a boca a falar de reducir taxas e impostos, pero cando teñen a oportunidade de gobernar fan sempre o contrario, e en Cerdedo.Cotobade temos un bo exemplo”, afirma o portavoz municipal, Ernesto Filgueira.

Así, polo servizo de lixo unha vivenda pola que este ano pagou 49 euros vai pasar a pagarse 80 euros o ano que vén, un 78% máis, e o que hai que pagar polo IBI verase incrementado nun 7%.

PROPOSTA DO PP DE SUBA DE TAXAS DO LIXO A VIVENDAS E NEGOCIOS:

A liña do PP en canto á suba das taxas do lixo:

https://ernestofilgueira.es/jorge-cubela-e-o-pp-votan-en-contra-da-mocion-do-bng-que-rexeita-a-escandalosa-suba-do-canon-do-lixo-de-sogama/

Suba do 22% na cuota do lixo aprobada polo PP o pasado ano 2023:

https://ernestofilgueira.es/o-bng-vota-en-contra-da-suba-de-taxas-do-lixo-e-saneamento-en-cerdedo-cotobade/