Perplexidade no BNG pola xustificación coa que Cubela pretende maquillar a súa negativa á mellora dos petróglifos

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

PERPLEXIDADE NO BNG POLA XUSTIFICACIÓN COA QUE CUBELA PRETENDE MAQUILLAR A SÚA NEGATIVA Á MELLORA DOS PETRÓGLIFOS

Ernesto Filgueira: “Trabúcase o Alcalde ao tentar desprestixiar ao BNG que lidero aludindo a unha subvención de hai 11 anos atrás cando eu son concelleiro dende o 2019. Se quere xustificar o seu rexeitamento á moción do BNG en favor da recuperación e valorización dos petróglifos do concello que o faga cunha argumentación seria e coherente”.

O pasado xovés 28 Ernesto Filgueira defendeu unha Moción do BNG que tiña como obxectivo a protección, valorización e promoción dos petróglifos de Cerdedo-Cotobade. Nela reclamábase que o goberno do PP instase á Xunta a activar un paquete de accións encamiñadas a recuperar a grande riqueza de arte rupestre existente no municipio cuia situación é de total abandono por parte de Jorge Cubela após de 10 anos como Alcalde. Pois, a comezos de decembro un prestixioso historiador local relatounos como, grazas á sua intervención, os petróglifos da Laxe da Portela da Cruz -na baixada ao San Xusto- salvouse dunha tráxica agresión a causa duns traballos de limpeza a carón dos petróglifos catalogados como BIC, indicador do pasotismo, abandono e falla de aprecio por parte da administración local do PP. Ademáis, a Moción recollía á necesidade de poñelos en valor creando estacións sinalizadas, dotando ao municipaio dun Centro de Interpretación e articular unha estratexia de creación de Identidade de Marca apoiada cunha campaña de promoción turística.
O BNG non entende como Cubela ataca a Ernesto Filgueira deslexitimando a súa actividade como oposición -sempre propositiva, responsable e dialogante- e trate de xustificar o seu voto contra á moción lexítima do BNG aludindo á pérdida dunha subvención do ano 2010 cando a traxectoria política de Filgueira remóntase ao ano 2019. O BNG transmite a súa máxima preocupación pola actitude altiva, desmesurada e pouco empática do Alcalde no transcurso das últimas semanas. Porén, o BNG ínsta a Cubela a voltar a un comportamento propio do cargo que ostenta e a seguir na senda do diálogo e dos acordos negociando unha nova moción en favor da recuperación dos petróglifos.

Ernesto Filgueira: “Tentar embarrar a imaxe do BNG que dirixo responsabilizándome da perda dunha subvención do 2010 asinada por Manoel Loureiro e Lina Garrido é igual a que eu responsabilice a Cubela do caso xudicial de Louzán dos alugueres de 2008, é decir, o seu é un argumentario absurdo”.