O BNG agradece á veciñanza de Cerdedo-Cotobade a súa implicación para mellorar a sanidade pública

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

“Rematamos un primeiro paso para conseguir a mellora da nosa sanidade pública. Pero aquí non acaba nada. É un punto e seguido na loita para evitar que o PP continúe a estragar a sanidade pública que tantos anos de traballo e loita nos costou conseguir”. Con estas palabras puxo fin o portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, ao proceso de recollida de sinaturas da ILP sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primaria nos tres centros de saúde do concello. 

Filgueira agradeceu á veciñanza a súa implicación coa sanidade pública, ao asinar masivamente a ILP. “Enchemos todos os pregos, pero en canto poidamos dispoñer de máis continuaremos coa campaña, porque nin a loita nin a campaña rematou aquí”. 

O portavoz nacionalista salientou que a actual situación da sanidade pública non é froito dunha casualidade, senón dunha decisión política do PP de deteriorar a atención pública para que a veciñanza se vexa obrigada a acudir aos centros privados, e salientou o feito que a atención primaria teña menos orzamentos agora que no 2009. “Iso reflicte claramente o que lle preocupa aos dirixentes do PP a nosa saúde”, afirmou. 

Ernesto Filgueira: “Facemos un chamamento á veciñanza para que participen masivamente na recollida de sinaturas a fin de reverter a lamentábel situación na que se atopa a nosa atención primaria”.