O BNG formaliza a alegacións ao proxecto de Parque Eólico Monte do Pé que afecta a Aguasantas

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O BNG vén de formalizar a prsentación de alegacións ao proxecto eólico Monte do Pé que afecta ás parroquias de Augasantas e Borela Un proxecto que se suma aos dos Cotos, PortoVidros, Campo das Rosas, A Rula, Tramontana, Sirico, Pedra Longa e Cabanelas, todos na mesma zona.

Cerdedo-Cotobade está a sofrer unha insoportábel presión eólica, que conta co rexeitamento da veciñanza e da propia corporación municipal, polo grande estrago que producirá no territorio tal acumulación de parques eólicos, coas liñas de alta tensión, subestacións, e demais infraestruturas necesarias.

“Abanda xa do desprezo do PP ao noso concello. Abonda xa que o PP tente destruir a nosa paisaxe, os nosos mananciais, a nosa flora e a nosa fauna, e hipoteque o desenvolvemento do noso monte, convertindoo nun grande parque industrial eólico”, afirmou o portavoz municipal e candidato á alcaldía polo BNG, Ernesto Filgueira.

“Cerdedo-Cotobade quere e merece respeto, quere e merece un futuro mellor. Por iso presentamos estas alegacións”, concluíu o portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira.