O BNG quere que o Concello recurra á Xustiza e preste apoio xurídico ás plataformas, entidades sociais e comunidades de Montes que loitan contra a instalación do parque eólico dos Cotos

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira lembra o acordo unánime da Corporación Municipal e
o grande rexeitamento social que provoca.

Cerdedo-Cotobade, 24 de febreiro de 2022. O BNG vén de rexistrar unha moción na que solicita que o Concello recurra tamén á vía xudicial e preste o apoio xurídico necesario ás plataformas, entidades sociais e Comunidades de Montes na loita que están a levar para evitar a construción do parque eólico dos Cotos, que afectaría gravemente a Cerdedo-Cotobade.

Lembra Filgueira que a Xunta do PP ten moito interese na construción deste parque, declarouno de interese autonómico, e xo a exposición pública en pleno nadal para que o tema pasase desapercibido para a veciñanza. Máis non o conseguíu, e os veciños e veciñas manifestaron clara e rotundamente a súa oposición a este parque, con mobilizacións masivas, tanto en Carballedo, como diante da delegación da Xunta en Pontevedra.

Este rexeitamento tamén é total nos Concellos máis afectados, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas e Pontevedra.

“É imprescindíbel loitar con todos os medios ao noso alcance para que non se consuma esta desfeita, desde a loita social á institucional e xurídica e, neste sendido, consideramos que é de xustiza que desde o Concello se apoie xuridicamente a loita que plataformas, entidades e comunidades de montes poidan levar a cabo”, a rmou o portavoz nacionalista.

Ernesto Filgueira lembrou que ECOENER -que mercou a empresa Tiraventos SL- “é un poderoso entramado empresarial rodeado dunha nube de sospeitas. Favorecida no seu día por Fraga, investigada pola Fiscalía e acusada de graves delitos en países de latinoamérica, a empresa vén de char para o seu consello de administrador a dous exministros do PP, Eduardo Serra e Ana Palacio”.

“Loitar contra este poderoso entramado económico e político precisa da unión de todas as nosas forzas, sexa na rúa ou sexa nos tribunais. Por iso é necesario que o Concello, como administración afectada, utilice todos os medios ao seu alcance, incluído o xurídico, para impedir que se consuma a desfeita que ocasionaría o Parque eólico dos Cotos. E neste sentido compre apoiar -tamén xurídicamente- ás entidades sociais que están a pelexar pola conservación do noso territorio e o noso medio natural”, afirmou Filgueira.