Encontro de Ernesto Filgueira e o deputado Luís Bará sobre os parques eólicos Os Cotos e Monte do Pé en Rebordelo 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Dentro da súa campaña informativa sobre os proxectos eólicos que impactan de cheo no concello de Cerdedo-Cotobade, o BNG organiza unha charla coloquio para falar da situación na que se atopan os parques eólicos dos Cotos e Monte do Pé e as accións a levar a cabo proximamente.

O acto terá lugar o venres 10 ás 20 h. na Casa do Pobo de Rebordelo e contará coa participación do portavoz municipal e candidato á alcaldía, Ernesto Filgueira, e o deputado no Parlamento galego, responsábel dos temas medioambientais, Luís Bará.

Ernesto Filgueira salientou que “Cerdedo-Cotobade está a sofrer unha presión eólica bestial, apesar do unánime rexeitamento da veciñanza polo grande estrago que producirá no territorio tal acumulación de parques eólicos, coas liñas de alta tensión, subestacións, e demais infraestruturas necesarias. Non podemos consentilo”.